ajax loading
Confirmación
No
Si

Noticias de Enero de 2019

Convocatoria axudas para as pequenas empresas de nova creación e ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica

Programa I. Fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación. Convocatoria ano 2019.
 
A finalidade deste programa é xerar emprego estable para persoas desempregadas, principalmente entre as mulleres, as persoas con discapacidade e en risco de exclusión social, apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais na Comunidade Autónoma de Galicia, con especial atención aos concellos do rural galego.
 
Programa II. Axudas e subvencións ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica-IEBT. Convocatoria ano 2019.
 
As axudas destínanse a sufragar as accións, gastos e pagamentos establecidos en cada modalidade que se produzan e realicen entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019, dentro do período dun ano desde o inicio da actividade da empresa, coas particularidades que se establezan neste programa para cada modalidade.